Mandrakelinux
                               =============

============================================================================

   O contido deste CD-ROM ten Copyright (C) 2003,2004 de Mandrakesoft S.A.
   e outros. Por favor mire os avisos inidividuais de copyright en cada
   paquete de código fonte para os termos de distribución. Os termos de
   distribución das utilidades con copyright de Mandrakesoft están no
   ficheiro COPYING.

   Mandrakelinux e o seu logo son marcas comerciais de Mandrakesoft S.A.

============================================================================

1. Organización do directorio raíz

   O directorio raíz está organizado do seguinte xeito:

   |--> media/           
   |   |--> main/        principais paquetes binarios
   |   |--> contrib/     paquetes binarios da sección "contrib"
   |   `--> media_info/  packages meta data
   |--> install/         
   |   |--> extra/       imaxes publicitarias da instalación
   |   |--> images/      imaxes de arrinque
   |   `--> stage2/      imaxes ramdisk da instalación
   |       `--> live/    ficheiros do programa de instalación
   |--> isolinux/        imaxes de arrinque isolinux
   |--> doc/             ficheiros de axuda da instalación en varias linguas
   |--> dosutils/        utilidades de instalación para DOS
   |--> misc/            ficheiros de código fonte, árbores de instalación
   |--> VERSION          número da versión actual
   |--> COPYING          información do copyright
   |--> INSTALL.txt      instruccións da instalación
   `--> README.txt       este ficheiro en modo texto

   Se está facendo unha réplica nunha partición ou nun volume NFS, precisará
   ter tódalas cousas e ficheiros relacionados ca instalación en "install/",
   e todo o relacionado cos paquetes en "media/", así coma as imaxes
   isolinux en "isolinux/".

============================================================================

2. Instalación

   Mire o ficheiro INSTALL.txt.

   NOTA IMPORTANTE SOBRE A COMPATIBILIDADE:

   Mandrakelinux está feita con optimizacións de velocidade para CPUs de
   clase Pentium (Pentium(tm) e compatibles, AMD Athlon, Pentium 4...),
   polo que NON FUNCIONARÁ nos antigos ordenadores baseados no i386 e i486.

============================================================================

3. Código fonte

   Tódolos paquetes específicos de Mandrakelinux veñen co seu código
   fonte no CD de código fonte (source-CD na PowerPack Edition).

   Pode descargar tódolos paquetes de código fonte dende os nosos
   servidores FTP.

   No caso de que non teña acceso á Internet, Mandrakesoft pode
   enviarlle un arquivo co código fonte por un custo mínimo.

============================================================================

4. Soporte

   Se ten acceso á web, mire en:
     * http://www.mandrakesoft.com/support

   En particular, o acceso ás nosas listas de correo pódese atopar en:
     * http://www.linux-mandrake.com/en/flists.php3

   Se non ten acceso á web, tamén se pode subscribir á lista de correo
   principal. Para facelo, mande unha mensaxe a sympa@linux-mandrake.com
   co texto "subscribe newbie" no corpo da mensaxe.

============================================================================

   Se non recibiu documentación con este producto, pode pedi-la (pagando)
   Mandrakelinux PowerPack Edition (varios CDs de Mandrakelinux + Guías
   de Instalación e Uso + soporte á instalación) á nosa tenda en liña:

     * http://www.mandrakestore.com/

============================================================================

5. Contactar

   Mandrakesoft pode atoparse en:

     * http://www.mandrakesoft.com/company/contact